Condicións xerais de utilización das páxinas web de Agrega
O presente aviso legal recolle as condicións xerais que rexen o acceso e o uso do sitio web http://www.proyectoagrega.es, en adiante “el sitio web”, do que é titular Red.es, entidade pública empresarial adscrita á Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, con domicilio social en Pza. Manuel Gómez Moreno s/n, Edificio Bronce, 28020 Madrid e NIF: Q-2891006-E, constituída en virtude da Disposición Adicional Sexta da Lei 11/1998, de 24 de abril, Xeral de Telecomunicacións, en redacción dada polo artigo 55 da Lei 14/2000, de 29 de decembro, de Medidas Fiscales, Administrativas y del Orden Social , expresamente declarada en vigor pola Disposición Derogatoria Única da Lei 32/2003, de 3 de novembro, Xeral de Telecomunicacións.
Aceptación dos Termos e condicións
O uso do sitio web implica a expresa e plena aceptación destas condicións xerais na versión publicada no momento en que o usuario acceda ao mesmo, sen prexuízo das condicións particulares que se puidesen aplicar aos servizos e contidos concretos do sitio web.
Red.es resérvase expresamente o dereito a modificar as condicións xerais e particulares en calquera momento. Estas modificacións entrarán en vigor no momento da súa publicación.
Propietarios dos contidos do sitio web
O usuario recoñece que a titularidade dos elementos, contidos e servizos que forman o sitio web, así como a estrutura, deseño e código fonte da mesma, son propiedade de Red.es e dos terceiros que aparecen identificados como propietarios dos mesmos.
O usuario comprométese a respectar todos os dereitos que a normativa vixente outorga a red.es e aos terceiros como propietarios dos elementos, contidos e servizos que forman o sitio web (así como a estrutura, deseño e código fonte da mesma) e, en especial, os dereitos de propiedade intelectual, industrial e demais dereitos análogos que teñn atribuídos.
Licenza do uso do portal e do seu contido.
Coa salvidade do que especifique nestas condicións xerais e nas condicións particulares de cada servizo e/ou contido, red.es outorga aos usuarios unicamente unha licenza persoal de acceso e de uso dos servizos e contidos
Esta licenza é persoal e intransferible.
A vixencia de uso da conta creada a calquera das opcións contidas no portal http://www.proyectoagrega.es establécese ata decembro de 2010. Pasada esta data procederase a eliminar calquera información persoal, datos e ficheiros pertencentes ao usuario presentes no portal. .
Os usuarios do sitio web unicamente poderán realizar un uso privado e persoal dos contidos deste. Está absolutamente prohibido, o uso do sitio web ou dalgún dos seus elementos con fins comercias ou ilícitos.
Condicións de uso do nodo Taller Agrega
A vixencia de uso da conta creada no nodo Taller establécese ata decembro de 2010. Pasada esta data procederase a eliminar calquera información persoal, datos e ficheiros pertencentes ao usuario presentes no nodo Taller Agrega.
A creación dun contido por un usuario autorizado no nodo Taller Agrega atópase suxeita ás seguintes restricións:
Condicións para a utilización de signos distintivos do Proxecto agrega no sitio web do usuario.
En relación co proxecto agrega red.es é propietario dos seguintes signos distintivos e enlaces:

Co fin de difundir o Proxecto Agrega Red.es outorga unha licenza aos usuarios do portal para incorporar e utilizar unicamente estes signos distintivos nos seus sitios web.
Esta licenza queda condicionada ao cumprimento integro do establecido neste apartado.
Permétese unicamente un enlace que permita o acceso á páxina inicial do portal “proyectoagrega.es”. O enlace permitido non poderá reproducir o contido do sitio web nin total nin parcialmente.
Alerta por infracción no sitio web de dereitos de terceiros.
Protección de datos de carácter persoal
Red.es é a entidade responsable do ficheiro de datos xerado cos datos de carácter persoal fornecidos polos usuarios do sitio web. .
De acordo coa Lei Orgánica 15/1993 de 13 de decembro de Protección de Datos de carácter Persoal, Red.es comprométese ao cumprimento da súa obrigación de secreto con respecto aos datos de carár persoal e ao deber de tratalos con confidencialidade. A estes efectos, adoptará as medidas necesarias para evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.
A recollida e tratamento automatizado dos datos persoais ten como finalidade a xestión, prestación, ampliación e mellora dos servizos ao usuario, así como a xestión da información fornecida nas solicitudes de inscrición e de acreditación de prensa realizadas polos usuarios.
O usuario poderá exercitar en todo momento os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, dirixíndose por escrito, a Red.es, acompañando fotocopia de D.N.I.
“Cookies&rdquo
O sitio web http://www.proyectoagrega.es utiliza “cookies” (pequenos arquivos de información que o servidor do sitio web envía ao ordenador de quen accede á páxina) na medida imprescindible para o correcto funcionamento e visualización do sitio web por parte do usuario.
As cookies utilizadas no sitio web non recollen información persoal e almacénanse ao rematar a sesión do usuario. A información recollida nestas cookies serve para facilitar a navegación e usabilidade da web en futuros accesos.
Modificacións e dispoñibilidade do sitio web
Red.es resérvase o dereito, en calquera momento e sen previa notificación ao usuario, a modificar, ampliar, reducir ou suspender temporalmente ou definitivamente a presentación, configuración, especificacións técnicas e servizos do sitio web de forma unilateral.
Hiperenlaces
Os hiperenlaces contidos no sitio web http://www.proyectoagrega.es poden dirixir a páxinas web de terceiros.
Garantía e Responsabilidade
Red.es non garante a dispoñibilidade temporal ou indefinida deste sitio web e dos seus servizos e contidos e non se fai responsable dos danos e prexuízos de calquera natureza que puidera orixinar derivados do uso do sitio web.
Red.es non asumirá así mesmo ningunha responsabilidade derivada do uso por terceiros do contido do sitio web e poderá exercitar todas as accións civís ou penais que lle correspondan en caso de infracción das condicións xerais e particulares establecidas neste sitio web dereitos por parte do usuario.
Normativa aplicable e foro
Os posibles conflitos relativos a este sitio web rexiranse pola normativa española sendo os Xulgados de Madrid os competentes para coñecer estes conflitos polo que o usuario renuncia a calquera outro foro que lle puidera corresponder.