Entre as actuació s comprendidas dentro do Programa Internet na Aula, red.es, xunto co Ministerio de Educación, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio (en adiante "MITYC"), e as CCAA (as Comunidades Autónomas e as Cidades Autónomas serán denominadas en adiante "CC.AA.") están a desenvolver acciós con obxecto de apoiar a integración das tecnoloxías na educación, destinadas a centros de ensino financiados con fondos públicos de réxime xeral no universitario e de réxime especial, así como centros de formación de profesores e escolas universitarias de formación do profesorado.
O obxectivo de Agrega é faciliter á comunidade educativa unha ferramenta útil para integrar as Tecnoloxías da Información e a Comunicación na aula. Poderáse acceder a calquera contido, desde calquera lugar, utilizando distintos criterios de búsqueda.
As características do Proxecto son as segintes:
Plan Avanza 2006-2010
O Plan Avanza 2006-2010 para o desenvolvemento da Sociedade da Información e de converxencia con Europa e entre Comunidades Autónomas e Cidades Autónomas (en adiante "Plan Avanza"), aprobado polo Consello de Ministros do 4 de novembro de 2005, encádrase nos eixos estratéxicos do Programa Nacional de Reformas deseñado polo Goberno para cumprir coa Estratexia de Lisboa. En concreto, o Plan Avanza intése no eixo estratéxico de impulso á I+D+i (Investigación +Desenvolvemento+innovación que puxo en marcha o Goberno a través do Programa Inxenio 2010.
O Plan Avanza estrúrase en torno a cinco grandes áreas de actuación:
O Plan Avanza (www.planavanza.es) oriéntase a conseguir a adecuada utilización das TIC para contribuír ao éxito dun modelo de crecemento económico baseado no incremento da competitividade e a produtividade, a promoción da igualdade social e rexional e a mellora do benestar e a calidade de vida dos cidadáns.
É en relación coa área "Educación na Era Dixital" onde se deseña e desenvolve o programa Internet na Aula.
Red.es A Entidade Pública Empresarial red.es, adscrita ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, ten como misión contribuír ao fomento e desenvolvemento das telecomunicacións e a sociedade da información no noso país.
As funcións de red.es fóronlle legalmente atribuídas no artigo 55 da Lei 14/2000, de 29 de decembro, polo que se modifica a Disposición Adicional Sexta da Lei 11/1998, de 24 de abril, Xeral de Telecomunicacións expresamente declarada en vigor pola Disposición derrogatoria única da Lei 32/2003 de 3 de novembro Xeral de Telecomunicacións.
Licenza
Os Obxectos Dixitais Educativos foron realizados no marco do programa Internet na Aula. Este programa foi desenvolvido e executado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a entidade pública empresarial Red.es, o Ministerio de Educación, Política Social e as Consellerias de Educación das distintas Comunidades Autónomas de España. Os materiais educativos dixitais desenvolvidos no marco do programa Internet na Aula, poden ser utilizados e adaptados nos termos da licenza Recoñecemento-Non comercial-Compartir Igual España de Creative Commons.